CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 71: Costa abaixo

16/10/2007

Bernardo está a facer unha reportaxe sobre o prezo da vivenda en Sada e non sabe si poñerse en contacto con Lucía, para que lle dea o seu punto de vista. Por outra parte, Elvira ten que regresar temporalmente a Arxentina, porque ten un problema coa pensión. Todos centraranse ao redor de Sofía, para que non estea soa en ningún momento; sobre todo agora que comeza a estar un pouco torpe...

Por outro lado, Cris contratou un axudante de perruquería. Este converteuse no ídolo das clientas, pero unha dúbida flota no aire: É homosexual?

Quique anda a pensar en comprar piso. Renata e Eusebio esperan ansiosos o resultado da amniocentese e Lucía ten unha nova preocupación: Sofía quere vender a súa parte da inmobiliaria, para ter aforros para a vellez.

Jesús ten a solución aos problemas de Lucía: converter a inmobiliaria en axencia de vendas, en exclusiva, de Coinasa; unha coñecida construtora, con grandes promocións na zona de Ferrol.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: