CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 70: Cousas de parella

09/10/2007

Renata segue preocupada polos posibles resultados da amniocentese e pola súa parte Andrés comeza a estar molesto con Sofía, porque desde que el e Marta viven xuntos Sofía non cesa no seu empeño por axudar á parella nos labores domésticos e ademais o problema xorde cando a familiaridade da anciá choca co desexo da intimidade do médico mozo.

Doutra parte, Ali e Mila están crecendo moi rápido e comezan a saír soas cos seus amigos, polo que súas nais está preocupadas. Sen embargo, tanto Renata coma Lucía saben que chegou o momento de darlles un voto de confianza, aínda que a situación cambiará drasticamente cando Lucía descubra á pequena Ali fumando.

Mentres, Bernardo e Lucía conseguiron encamiñar a súa relación cara a unha amizade, pero non resulta doado para ningún dos dous... sobre todo cando aínda quedan facturas en común por pagar. Elvira está preocupada, unha chamada do seu fillo desde Arxentina púxoa sobre aviso dun posible problema coa súa pensión. A solución pasa por volver a América, pero Elvira non quere deixar soa a Sofía, especialmente agora que está enferma.

Por outro lado, a relación entre Gaila e Quique segue adiante, pero Quique comeza a non comprender por que ela se empeña en mantela en secreto, incluso ante os ollos de Marta e Andrés. Seguro que a Roberto non lle importaría que Nuria mantivera a súa relación en secreto, si con iso lograra mantela ao seu lado. Pero ás veces as cousas non son como nos gustaría que foran e Nuria debe abandonar Sada para ir vivir a Cuenca. Estará Roberto disposto a manter unha relación a distancia?

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: