CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 66: Medo a caer

19/06/2007

As viúvas do "Santoña" guían as súas novas vidas por distintos camiños. Lucía empeza a estar algo impaciente co asunto da voda, o que ela non sabe é que Enma non lle quere dar o divorcio a Bernardo e este non lle cede a súa parte da casa que mercaron a medias. Doutro lado, Sofía parece máis tranquila desde que ten unha pulseira con GPS coa que a poden localizar se volve ter unha ausencia, pero, con todo, non se atreve saír á rúa; Renata recibe a alta do xinecólogo e volve ao traballo, en xornada reducida para evitar os riscos....A ese respecto Eusebio quere que Renata dea a luz nun hospital privado, xa que tivo unha mala experiencia no primeiro parto, pero ela non pode beneficiarse do seu seguro se non están casados e pensa que non paga a pena casar só para iso... Noutra escena, Carme, sabedora de que súa nai está a pasar momentos moi duros, insiste en que vaia unha tempada con ela e con Hans a Alemaña: Aurora, pouco a pouco, empeza a convencerse.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: