CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 66: Gaivotas nas illas Cíes

27/05/2009 22:41 h

O programa "Criaturas", que se achega ao acontecer do reino animal e ás súas relacións coas persoas, observa detidamente hoxe, nun dos lugares naturais de maior protección ambiental por tratarse dunha das illas Atlánticas do Parque nacional, as Cíes, o comportamento das gaivotas, un dos tesouros non agochados desta illa.

Doutro lado, o presentador do espazo, Alejandro Macías, vai ser testemuña de como unha hernia lle pode complicar a vida a calquera, inclusive a unha gata chamada Ela: a súa veterinaria intúe que quedou preñada no peor momento e iso pode repercutirlle seriamente na súa saúde. Pero tamén asistiremos a unhas clases de hipoterapia con Pipilín para ver se nesta ocasión este cabalo é quen de estimular a dous xinetes moi especiais...

Na sección en que os famosos se asoman para dar a coñecer as súas mascotas preferidas, o programa visita hoxe o actor Mighello Blanco, que presentará a súa cadela Aisha.

Atopar capítulo por: