CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 65: Pequeno zoo

20/05/2009 22:38 h

O programa do reino animal e da súa relación coas persoas lévanos esta semana a coñecer unha casa moi especial que hai en San Cibrao, onde habitan ponis, un cento de aves, tamén ovellas e ata avestruces do máis mansas, coas que incluso se atreverá a convivir por un momento o presentador do espazo, Alejandro Macías.

Na feira de Castro de Rei, o programa atopa con Chus e Carlos que andan na procura dunha vaca leiteira para a súa explotación, pero claro, esa é tamén a intención do resto dos gandeiros alí citados, así que o programa achegarase ao proceso de negociacións que medirá cal é o máis hábil para levar o mellor exemplar.

Doutro lado, quen dixo que os gatos teñen sete vidas? Polo que pode constatar o programa xa lles vale con conservar a que teñen, pois unha caída dun segundo piso deixou o gato Lucas esmagado e cunha chea de ósos rotos que fai dubidar ata ao mesmo veterinario.

Dentro da sección onde distintos famosos amosan as súas mascotas, hoxe asómase ao programa o actor Roberto Porto, que vai presentar as súas criaturiñas.

Atopar capítulo por: