CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 6: O novo xefe

01/06/2014 22:00 h

O xefe de Luci xubílase e substitúeo Miguel, un home con escasos coñecementos de xardinaría e moitas ínfulas de coach. O novo xefe está empeñado en ser un máis do persoal e tratar os empregados de igual a igual, así que decide compartir xornadas a pé de campo con Luci e Cosme. Pero axiña saca á luz o seu egoísmo e a súa falta de profesionalidade, polo que ambos os dous deberán pelexar para non perder os seus traballos. 

Miguel non fai máis que proporlles cousas absurdas, como plantar flores fóra de temporada, a pesar de que lle advirten que morrerán enseguida. Efectivamente, as plantas morren e o xefe, en lugar de asumir a culpa, quéixase ante os superiores dos seus empregados. Luci enfróntaselle e Miguel descéndea de categoría, ao contrario que Cosme, que é ascendido.

Atopar capítulo por: