CRTVG

Buscar

Boa nova

Programa 6: Marta e Felipe

27/05/2014 23:15 h

Ser pais non sempre é doado, pero cando é algo que non se espera, todo é máis difícil e, se por enriba veñen dous, o susto pode ser monumental. Isto é o que lles pasou a Marta e a Felipe, os protagonistas desta semana do espazo “Boa Nova”, unha parella nova que xa tiña dúas nenas cando lles comunicaron que esperaban outros dous bebés.

Preocuparse por se as diferenciarán, por se o carro dobre pasará polas beirarrúas, por comprar roupiña para que vaian a xogo, sen desatender as súas outras fillas e, ademais, cun embarazo moi difícil e molestias constantes, pero sempre contando co apoio familiar, son o reflexo dos últimos meses de xestación de Marta. Incertezas e medos que desaparecerán non momento en que lles vexan as caras ás súas dúas pequenas.

Atopar capítulo por: