CRTVG

Buscar

O sabor das margaridas

Capítulo 6: 'Lasciate'

07/11/2018 22:15 h

No derradeiro día de Alberte no cuartel antes de xubilarse, Mauro subtrae dunha caixa precintada o informe que confirma a presenza de ADN de Ricardo Bergantiños no chalé onde tiñan lugar as festas.
Mentres tanto, a investigación continúa: Rosa e Mauro van á casa de Xabier e ven que todas as portas dos almacéns do patio están pintadas de vermello e el non está por ningún lado. Rosa forza unha das portas, entra e descobre un lugar onde intúe que alguén puido estar retido. Ben podería ser Marta Labrada.

Repasando o caso, Rosa volve ver o vídeo coa ameaza que Marta subiu a Internet e descobre algo que chama a súa atención: a man dun home que pasa por diante da cámara e que leva posto un anel tipo selo, que ela xa vira antes na man de Ricardo Bergantiños. A tenente vai ao seu encontro para intentar detelo, pero este foxe no seu coche. Despois dunha persecución a toda velocidade polas estradas de Muriás, Rosa consegue interceptalo. Antes de tomar unha dramática decisión, Ricardo fai unha importante confesión. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: