CRTVG

Buscar

Land Róber

Capítulo 53: Enrique Ramil

03/03/2011

O estudio humorístico de Land Rober, que ofrece divertimento e humor durante dúas horas, guiado por Roberto Vilar e polos actores Touriñán, Isi e Isabel Risco, recibe esta noite a visita de Enrique Ramil, o concursante galego de OT 2011, para amosarnos as súas dotes musicais e participar nun sketch humorístico como xurado de "Fama". Amais, o programa servirá de plataforma para unha exhibición de "Latte art", unha innovadora técnica hostaleira coa que se fan debuxos co leite do café.

Poñendo en xogo unha das súas mellores bazas, a participación activa do público, Roberto Vilar recollerá na apertura do programa as suxestións que os seguidores de Facebook realizan sobre os convidados que desexarían ver e tamén proporá os premios "A cabeza non para", un concurso vía Facebook en que os amigos do programa deben decidir a quen lle darían este premio e porqué.

Na noite humorística non podería faltar a incursión no Entroido, viaxando ata Verín e visitando as carrozas de Lalín, na parodia "Callejeros pachajeros"; o concurso "1/2 castaña", en que Roberto Vilar pon a proba o coñecemento mutuo dunha parella; os "Consellos para a xuventú", onde a nosa lonxeva colaboradora contará as súas incidencias coa telefonía móbil, e a comedia de situación, titulada hoxe "Necoraman", en que os habitantes do piso van de acampada ao monte e aproveitan para contar lendas populares ao carón do lume.

Atopar capítulo por: