CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 5: Pequeno drama no portal

25/05/2014 22:30 h

Os espectadores da serie “Luci” verán este domingo como no portal da protagonista comeza a traballar unha nova limpadora, Felicitas (Elena Seijo). Arcadio (Antonio Durán “Morris”), o veciño máis rabechudo, non tarda en deixar notas no ascensor queixándose do mal que limpa. Axiña se lle unen outros veciños e xuntos inician unha guerra en contra de Felicitas, desatándose un pequeno drama no portal. Todo empeora cando a muller limpa as escaleiras con cera e Arcadio escorrégase.

Como presidenta da comunidade, Luci deberá lidar co malestar dos veciños. Convoca unha xunta extraordinaria e entre todos deciden botar a Felicitas. Pero a limpadora é tan amable con ela que é incapaz de facelo. 

Mentres, a Hadrián cáelle unha maceta no descanso da escaleira e agocha a terra debaixo do felpudo. Cando Felicitas o descobre, cre que Luci lle está facer o boicot e vaise refuxiar en Arcadio.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: