CRTVG

Buscar

Historias de Galicia

Capítulo 5: Língua de reis, língua do pobo

25/03/2007 21:39 h

O rei Xoán Carlos diríxese en galego ao Apóstolo Santiago na Ofrenda do 25 de xullo, na Catedral de Santiago. Oito séculos antes, Afonso X escoitaba na Corte de Castela unha das cantigas que el compuxera, interpretadas por un xograr, xa que o monarca viña de asinar a orde que lle daba ao castelán o rango de lingua oficial da Corte. Este novo documental de Historias de Galicia, que dirixe Xosé M. Vega e presenta Xosé Barato, fai unha retrospectiva desde a Idade Media e ata o século XIX, tempo durante o cal o galego foi só unha lingua de labregos e mariñeiros, perseguida polo poder centralizador, desprezada polas clases dirixentes e identificada co atraso.

O rexurdir literario do idioma a partir da segunda metade do XIX estivo na base dunha nova conciencia de país, que identificou a lingua como o principal sinal de identidade do pobo. A fundación das Irmandades da Fala significou a superación da indefinición ideolóxica do nacionalismo e o desenvolvemento pleno do concepto de Galicia como nación. Pero a insurrección fascista do 36 e a instauración da Ditadura significou a uniformización política e lingüística do Estado español pola forza e o galego pasou a ter a consideración de dialecto.

Hoxe o galego é, co castelán, lingua oficial de Galicia; é un patrimonio que aínda se comparte cos veciños dos territorios que un día conformaron o Reino de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: