CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 46: Lobos ibéricos en Marcelle

03/12/2008 22:40 h

O programa que se preocupa polo reino animal e da relación das persoas con el viaxa esta semana ata o núcleo zoolóxico de Marcelle, en Outeiro de Rei (Lugo), para seguir de preto o proceso de adaptación dos seus novos inquilinos: dous lobos ibéricos.

Pero tamén asistirá á rapa das bestas de Torroña, en Pontevedra, para saber se Manolo é quen de localizar e capturar no monte a súa besta Neghra e á súa poldra Catro para marcalas e desparasitalas; e doutro lado veremos se Truco, un canciño xa algo maior, é quen de soportar o seu paso por quirófano para librarse dunha molesta hernia no ano.

Na sección dedicada ao mundo dos famosos e das súas mascotas, a actriz galega Alba Mesa presentará hoxe a cadeliña "cantora" chamada Nala. Unha vez máis, o programa sondará sobre o propio terreo, as rúas de Vilalba, o que cre a xente de cal é o animal co pene máis grande do reino animal en relación ao seu corpo.

Atopar capítulo por: