CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 46: Dime que me queres

30/01/2007

As viúvas de Sada, intérpretes de A Vida por Diante, seguen a vida intensamente. Así, Renata descobre a Ali escribindo unha carta de amor e, pensando que é un xogo de nenos, amósase moi comprensiva e recoméndalle que non teña vergonza por confesarlle a ese rapaz o que sente por el, pero a nai levará unha sorpresa cando saiba a quen vai dirixida realmente a carta.

Lucía continúa a súa relación con Xesús, con medo do que opine a súa familia, e Gaila volve a Sada. Marta nótaa un tanto estraña, nerviosa e inestable, e as sospeitas da amiga confirman que está abusando dunhas pastillas. Doutro lado, Lourdes quere convidar a Aurora a unha cea cos compañeiros da orquestra, pero Aurora non está segura de querer dar o paso de saír como parella, por máis que os amigos de Lourdes son xente moderna e tolerante...

Sofía ten que facer uns trámites co seu seguro de defunción co fin de facilitar as cousas ao máximo o día que ela falte, convencida de que evitará momentos desagradables a Marta; ademais sofre unha crise de fe...

Atopar capítulo por: