CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 44: Marquesa, a vaca máis vella de Galicia

19/11/2008 22:39 h

'Criaturas' viaxa ata Agra, na comarca de Chantada, onde vive a 'Marquesa', a vaca máis vella de Galicia e, tamén, comprobará se 'Vicente', a maior tartaruga atopada á deriva en Galicia, está lista para regresar ao mar. Doutro lado, o equipo capitaneado por Alejandro Macías entrará en quirófano con 'Mequetrefe', un cabalo de salto, para vivir xunta el unha delicada operación que determinará se poderá volver competir, ou non.

No espazo dedicado a coñecer as mascotas de xente famosa, nesta ocasión será a actriz Matilde Blanco quen nos presenta a 'Stella', a cadeliña que se fixo coa súa casa nada máis chegar.

Atopar capítulo por: