Boa nova
Programa 4: Rebeca e Pablo
13/05/2014 23:15 h
O programa da TVG “Boa Nova”, que afonda nas vivencias e nas emocións de futuros nais e pais no último mes de embarazo e que acompaña a familia nos preparativos para o acontecemento, terá hoxe como protagonistas a Rebeca e Pablo, que nunca imaxinaron que, despois dun ano intentando ser pais, o embarazo sería tan difícil.
Despois de estar 15 días no hospital e un mes de repouso na casa, o xinecólogo dálle permiso a Rebeca para poder saír á rúa. Reencontro con amigos, un simulacro para ver canto tardan en chegar a urxencias, unha babyshower sorpresa con toda a familia, unha sesión fotográfica na praia onde comezaron a súa relación e saídas para mercar a roupa de Ela encherán o tempo desta parella mentres agardan o feliz acontecemento.