Pazo de Familia
Capítulo 39
11/01/2016 22:15 h
Nino está en prisión mentres non se celebra o xuízo pola morte de César. Confiar en Carlos pode ser o único que o saque do cárcere de xeito momentáneo, pero elixilo como avogado defensor é para Mónica a peor das decisións posibles.
Freire chega á cidade cun gran segredo que non pode deixar indiferente a Sara. E con Freire chega tamén Cosme, disposto a declarar en contra de dona Leonor na investigación sobre a morte de César.