CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 3: Causa común

28/04/2006

Eusebio, baixo os efectos do alcol, revela a un xornalista que ademais de non levar a radiobaliza, "O Santoña" non dispoñía das medidas de seguridade axeitadas. Estas revelacións causan diferentes reaccións entre os familiares dos falecidos. Lucía está convencida de que foi un inevitable accidente, mentres Marta endurece aínda máis a relación co seu pai, o armador do barco; por se fora pouco a xove decátase de que quedara embarazada.

Sofía sofre un coma diabético e Aurora enfróntase á súa filla porque non pensa marchar con ela a Alemaña.

Renata, busca desesperadamente traballo para afrontar as débedas á vez que rexeita unha e outra vez a Eusebio, o seu amante.

Marta escoita unha conversa entre Eusebio e seu pai, que pode unir ás viúvas baixo unha causa común.

Atopar capítulo por: