CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 29: Paraíso salvaxe no interior de Lugo

30/01/2008 21:42 h

Esta semana en Criaturas os espectadores verán linces, dromedarios, monos… da man de Gerardo e o seu paraíso salvaxe particular no interior de Lugo; un zoo particular en que as cámaras do espazo visitarán unha morea de especies exóticas.

Achegarémonos ao insólito caso de Yobana: unha xabaril do máis sociable, vive nunha casa en Sober, de onde non quere marchar a pesar de estar solta pola eira e non ter ningún tipo de atadura.

E con Paquiño e Kasbec descubriremos os segredos da moda canina, asistiremos con eles a un desfile propio da alta costura no centro de Vigo. Na nosa sección de famosos, o presentador e reporteiro Xesús Peleteiro preséntanos a Lola, unha cadela moi rebuldeira.

Atopar capítulo por: