CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 28: Ti a Amsterdam e eu a Melilla

12/04/2005

Maruxa e Pedro, os pais de Sebas, irrompen por sorpresa na casa dos rapaces. Pedro empéñase en solicitar a entrada no exército, quere ter historias que contar aos amigos. Maruxa ten un plan no que pretende implicar a Fran. Este vai levar lonxe de máis o seu papel de instructor.

A Diego botárono do traballo e ocúltallo a Ana. Fran non entende a súa preocupación, o paro é o estado ideal: cobrar por non facer nada. Diego está a buscar traballo e Ana pensa que está enganchado a unha liña erótica. Lucía solicita unha bolsa de estudos para Amsterdam. Raúl facilítalle unhas pastillas para os nervios que lle producen un efecto inesperado na entrevista.

Atopar capítulo por: