CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 28: A vaca de Amoeiro

23/01/2008 21:42 h

Esta semana Criaturas asiste ao previo do concurso da Vaca de Amoeiro, unha vaca que o equipo de fútbol do concello empregará para facer un sorteo moi peculiar o 24 de febreiro.

Coñeceremos a Nana, unha pequena Shar Pei con dificultades de visión causadas por un exceso de pel. De non operala podería quedar cega. E con Bala e Chispa, os espectadores descubrirán os duros adestramentos que require o Raid, un deporte equino de resistencia.

Esta semana na sección de famosos, unha galega moi querida por todos: Ana Kiro presentará os seus 7 cans... un dos seus mellores apoios neste momentos "delicados" para ela.

Atopar capítulo por: