CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 27: Hadri ten moza

06/09/2015 22:00 h

Hadri está nunha idade difícil en que non lle conta nada á súa nai e Luci sospeita que o seu fillo ten moza. O adolescente non se despega do teléfono e, días despois, Luci atópase a Hadri e Sonia collidos da man pola rúa.

A incertidume apodérase dela e para resolver ese “ruxeruxe” que ten na cabeza, comeza a facerlle un interrogatorio ao seu fillo esa mesma noite e ao día seguinte convida a Sonia a merendar á casa. A actitude autoritaria da rapaza sorprende moito a Luci, xa que non lle deixa comer chocolate a Hadri, sóltalle indirectas a Luci sobre o que debe ou non debe cociñar e insiste moito en que o rapaz ensaie co saxo a todas horas. 

Ao principio, Luci non quere pensar mal da nova moza do seu fillo, pero un día escoita parte dunha conversa que Sonia está a ter con Hadri en que ela lle chama mediocre. Aínda que Sole lle insiste en que ten que falar con Hadri para convencelo de que deixe a Sonia, a protagonista decide non meterse e intenta animar o seu fillo e falar con el, pero o rapaz evita sempre o tema. Pero unha tarde, Sonia e Luci acaban rifando ben forte na rúa. Que fará Hadri ante esta situación?

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: