CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 26: Luci namorada

30/08/2015 22:00 h

A xornada de traballo de Luci comezou coma calquera día de rutina. A tarefa desa xornada da protagonista é regar unha sebes, pero con tan mala sorte que saíu unha avespa das xestas e Luci tenta fuxir pero sen soltar a mangueira polo que molla a un home que pasaba polo parque. 

Arturo, un home atractivo duns 50 anos, acabou mollado coma un pito e quedou mirando cara a Luci con cara de mala uva. Ela non se decata, e ofrécese a secarlle a roupa e préstalle uns pantalóns de traballo para que non se vaia mollado. 

Unha serie de casualidades os van levar a un final imprevisto para ambos. Unha roda pinchada obrígaos a tomar o ascensor panorámico. Unha vez dentro do aparato, Luci acciona os controis persoalmente, sen o operario, e ambos os dous quedan atrapados cun susto enorme.

O tempo dentro do ascensor pasa e Arturo parece desesperado, pero en realidade comeza a amosarse interesado por Luci e acaban tomando un café. A cita remata cun bico de película nun portal. Todo parece idílico el Luci aínda non o pode crer, ata que a maxia desaparece. 

Arturo é capitán dun cruceiro e ten que marchar esa mesma tarde para non volver en bastante tempo. Ao principio Luci enfádase moito por sentirse utilizada, pero logo recapacita e volver a por el. No barco ve ao seu amado vestido co uniforme, e todo remata con outro bico de “ata logo”. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: