CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 239: Grandes benvidas

12/12/2010 22:00 h

Elvira non esquece e como parece ser que Senén está a piques de volver a Santalla, a beata prepáralle unha benvida como Deus manda. Pero en lugar de Senén chega un tal Carlos, compañeiro de correrías de Senén na Coruña, disposto a lavar a honra do seu compañeiro ante a súa esposa. A ira de Elvira cébase con el e a deste con Elías por haberlle entregado as tan comprometidas fotos de Senén á súa muller.

Tomás padece mal de amores e todo o mundo se decata. Non é capaz de superar o de Celia. Non está afeito a estar nese lado nas relacións. María aconséllalle e consólao á conta de ter un problema con Marcos por culpa dos seus celos. Freire e Cosme pelexan polo mesmo; por normalizar a situación das súas respectivas familias. Freire deixa pasar todo o ocorrido e Cosme, para presionar consegue que veña alguén para que, definitivamente, as augas volvan ao seu rego.

O envío no barco está a punto. Laura escoita unha conversación na que se fala de sabotar o cargamento da nave. Ten que impedilo pois os mesmos socios poderían saír prexudicados, e non só Pedro. Agora todos dubidan respecto da conveniencia de seguir adiante co plan.

Atopar capítulo por: