CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 23: Diñeiro no peto

09/08/2015 22:00 h

Hadri quere ir a Londres a visitar o seu amigo Guille. Cando fala coa súa nai, explícalle que sería para aprender inglés e que estaría cos pais do seu amigo, pero ela responde rapidamente que non, poñendo como escusa os cartos. A auténtica razón é que Hadrián lle parece moi pequeno para marchar el só a Londres. 

Así pois, o rapaz decide buscar pola súa conta unha maneira de conseguir os cartos. Primeiro fala con Berto, que parece entusiasmado coa idea da viaxe, pero non tanto con ter que pagala. Como isto non lle funciona, dá un paso máis: tocar o saxo na rúa sen llelo dicir aos seus pais.

Deixando roupa no armario do neno, Luci atopa unha caixa con bastantes cartos. Ninguén sabe nada dese diñeiro, ata que un día Cosme, preocupado pola economía familiar ao ver tocar o neno na rúa, dille a Luci o que está pasando. Ela primeiro non o pode crer e logo prohíbelle a Hadrián que volva tocar na rúa, pero o rapaz insiste.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: