CRTVG

Buscar

Viradeira

Capítulo 20

27/03/2018 22:45 h

Un veciño de Santo Tomé quere vender pezas roubadas do Augusta á fundación para a que traballa Héctor. Iso quere dicir que, a pesar do seu esforzo e o dos veciños de Dorneda, o barco xa foi localizado por outros. Despois de recibir a noticia, Héctor e Lupe non dubidarán en pórse con el para conseguir as coordenadas do Augusta. Con todo, Macario adiantaráselles e, se queren a localización exacta do pecio, terán que pagarlle unha gran suma de diñeiro.
Mentres tanto, os preparativos para a voda de Carmela e Héctor seguen adiante. Maca e Patri, queren facerlle unha despedida de solteira á noiva, pero Carmela poralles unha condición: se queren que saian as tres de celebración, antes terán que amigarse entre elas.
Pola súa banda, Manel pediralle axuda a Perico para organizarlle a correspondente festa para Héctor, dado que o cazatesouros atópase moi lonxe da súa casa, dos seus familiares e dos seus amigos. Perico non dubidará nin un momento, el nunca deixa pasar unha boa festa. Pero, para esta ocasión, organizará algo moi especial nun club de Dorneda. Será unha noite, canto menos, sorprendente.
O que non está para festas é Roxelio, pois a súa dimisión provocou, evidentemente, a convocatoria de eleccións municipais e Encarna non deixou pasar a ocasión para presentar a súa candidatura á alcaldía. A vila atópase dividida entre os seguidores de ambos os dous candidatos; os que se manteñen fieis a Roxelio e os que, pola contra, prefiren un cambio. Quen gañará?

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: