CRTVG

Buscar

O sabor das margaridas

Capítulo 2: 'L'angoscia delle genti'

10/10/2018 22:15 h

Tras o achado de roupas ensanguentadas na vella fábrica, os rumores esténdense por Murias a toda velocidade. Muñiz é o principal sospeitoso e está en paradoiro descoñecido. Rosa pensa que a roupa pertence a mulleres asasinadas e está convencida de que a desaparición de Marta Labrada está relacionada coas prendas, pero unha primeira análise de criminalística amosa que as roupas levaban anos na maleta. Ademais, os investigadores atopan uns disfraces, polo que pensan que poden estar enfrontándose a un posible asasino en serie fetichista e con parafilias.

Pola súa parte, Muñiz preséntase no cuartel declarándose culpable do asasinato de Marta. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: