CRTVG

Buscar

Conexións

Capítulo 18: Vivir rápido

11/12/2010 19:46 h

Na entrega de hoxe de "Conexións" fará unha reflexión sobre o vivir rápido e o paso do tempo. Segundo as enquisas, as cinco ocupacións principais dos galegos ao longo do día son os coidados persoais, traballar, estudar, estar coa familia e consultar os medios de comunicación. Amais, nos últimos sete anos cada vez participamos menos en actividades sociais e de diversión, a cambio do tempo que lle dedicamos a navegar polas redes, que aumentou máis dun 10%.

Xunto a Iolanda Vázquez, como entrevistadora, colaboran divulgadores científicos; Javier Pedreira "Wicho", un dos autores do blog de tecnoloxía máis seguido, "Microsiervos", e o monologuista Xurxo Mariño. No tempo da entrevista, Iolanda Vázquez conversará con Berto Pena, escritor, conferenciante e experto en produtividade e xestión persoal, que na actualidade conta co blog "Thinkwasabi".

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: