CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 18

06/04/2015 22:00 h

Se non foi César, quen mandou a Bascuas para matar a Sofía Salgado? Desvelamos o misterio de quen está a actuar desde as sombras para propiciar a caída da empresaria. Ademais, para desgusto de Sofía, un novo personaxe aparece no holding dos Pardo Veiga.

Mentres, Emilio quere investir nos terreos familiares que seu pai, pola contra, recomendaba vender. Neste episodio descubrirá os segredos que garda este territorio co que sente un vencello especial. Ademais, por primeira vez tras o desengano pola traizón de Claudia, Daniel volta á escena cunha actitude sorprendente.

Pola súa parte, Leonor quere amosar que os Pardo Veiga seguen a ser a crema da alta clase social. Para iso encárgalle a unha revista do corazón unha reportaxe que sirva para calar dunha vez as malas linguas. Pero dentro do pazo, a presenza dos mal chamados xornalistas parece contentar só a Marisiña, teimada en corrixir a pouca finura das súas compañeiras de servizo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: