CRTVG

Buscar

Conexións

Capítulo 17: Tecnoloxía ao servizo dos maiores

04/12/2010 19:40 h

Partindo da necesidade de adaptarnos aos novos tempos e de atopar solucións ás súas necesidades, de que Galicia é a terceira comunidade coa poboación máis vella de España, despois de Castela León e Asturias, e que dos máis de 600.000 galegos maiores de 65 anos calcúlase que 45.000 sofre algunha discapacidade. Amais, a alta esperanza de vida actual deixa ao descuberto novas doenzas asociadas ao envellecer, como o Alzheimer. Por todo isto, "Conexións" tratará hoxe a tecnoloxía ao servizo dos maiores.

Na entrevista, Iolanda Vázquez conversará con José Carlos Millán Calenti, catedrático de Xerontoloxía Clínica e Social da Universidade da Coruña, que leva anos estudando a discapacidade intelectual e o deterioro cognitivo asociado ao proceso de envellecemento; o monólogo de Xurxo Mariño expón novas doenzas derivadas da lonxevidade e o "Post Wicho" trata de tiflotecnoloxía.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: