CRTVG

Buscar

Rías Baixas

Capítulo 161

12/02/2014

Un brote de gripe porcina na granxa de Gondar acaba cos exemplares destinados á investigación xenética, para recuperar unha variedade porcina de raza celta.

Pedro inicia as investigacións que o conducen a descubrir unha sabotaxe da que o autor vai ser a persoa máis inesperada. Uxía desconfía de Celia, investígaa e cóntalle o que descubre a Luis, quen desbarata as súas conclusións e non lle presta a menor atención deducindo que todo é froito dos seus celos.

Lito pretende disolver a sociedade con Pepe. A Sra. Ruiz dirixe as intrigas contra Luis utilizando a Leo, a quen premia con continuos agasallos. Mentres a Moncho, e tamén como pago ós seus servicios, entrégalle a Vanesa.

Atopar capítulo por: