CRTVG

Buscar

O Faro

Capítulo 161

08/12/2014 16:00 h

Carme comeza a desconfiar de Pedro e pídelle a Rafael que investigue o cociñeiro. Fina decátase de que Ánxela e Pedro teñen unha relación especial e decide falar do asunto coa súa nora. Ricardo e Vítor están desesperados porque necesitan cartos e Carme non lles paga polo traballo feito. Lidia comeza a ter certas sospeitas sobre o embarazo de Erea e quere falar con Ricardo do tema. Lucía e Ricardo intentan que Patri e Vítor se reconcilien outra vez. A tranquilidade no Faro vese alterada por un incidente que desconcerta a Fina. 

Atopar capítulo por: