CRTVG

Buscar

Conexións

Capítulo 16: Nonotecnoloxía

27/11/2010 19:37 h

O espazo "Conexións", centrado na divulgación científica e tecnolóxica para facernos a vida máis doada e entendernos mellor, abre unha ventá para seguir a actualidade en materia de coñecemento, tecnoloxía, investigación e innovación en Galicia, no camiño de concienciar os espectadores da situación real das novas tecnoloxías e para favorecer o desenvolvemento e implantación dos sectores máis puxantes.

Para tal fin, no programa colaboran Iolanda Vázquez, como entrevistadora, xunto a divulgadores científicos; Javier Pedreira "Wicho", un dos autores do blog de tecnoloxía máis seguido, "Microsiervos", e o monologuista Xurxo Mariño. O tema de fondo de hoxe, Nanotecnoloxía, esperta a curiosidade sobre algo moi pequeno e alleo á nosa vida cotiá, pero no día a día agóchanse moitos nanomateriais, como por exemplo nas lentes con cristais que non se raian; nas pezas de vestir que non se engurran, na crema que nos protexe dos raios solares, calculándose que en 2015 estes produtos han representar o 15% das vendas mundiais.

Na entrevista, Iolanda Vázquez conversará con Pepe Rivas, catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago, que dirixe o Laboratorio ibérico internacional de nanotecnoloxía, en Braga (Portugal).

Nas seccións do programa participan xornalistas, especialistas en tecnoloxía e científicos, con reportaxes, entrevistas, curiosidades científicas e novidades tecnolóxicas, como nanoinmunotech, por África González (Universidade de Vigo); nanogap; o monólogo de Xurxo Mariño sobre as escalas nos nanobxectos e o "Post Wicho", que falará de miniaturización tecnolóxica.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: