CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 15: Os cabaleiros da táboa ouija

11/01/2005

Ana chega cunha táboa ouija que atopara no lixo. Amósalla a Lucía, que é moi escéptica no concernente aos espíritos. Pola contra Ana cre no máis alá e proponlle aos rapaces unha sesión de ouija.

Nuria, profesora de piano, chega ao pub na procura de traballo. Lucía tenta convencer ao seu xefe para que a deixe tocar no local. Ante a negativa, Fran ofrécese para persuadilo.

Na sesión coa ouija, o vaso cae e Ana interpreta que un espírito quedou entre eles. Está moi afectada, oe barullos estraños, ve as cousas cambiadas de sitio, Lucía trata de axudala para que non se suxestione, o certo é que Ana cre que a súa casa está posuída. O seu home séguelle a corrente, búrlase dela pero tamén acabará máis ca asustado.

Sebas está a probar unha camisa anticheiro que non pode quitar nunha semana. Isto ten asfixiados a Fran, a Lucía, aos veciños e mesmo aos clientes do pub.

Atopar capítulo por: