CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 15

01/05/2016 22:00 h

O traballo de Ánxela Souto como xerente do Hospital Francisco Balmis podería ter as horas contadas. Á denuncia da súa irmá Sara por darlle o posto de adxunto a Lois, o seu amante, agora súmanse as graves acusacións de Marcos contra ela. E é que houbo cousas que non se fixeron ben: a operación levada a cabo por César Souto e ocultar que tiña esclerose, os erros de Lois e Sara que case lle custan a vida a dous pacientes... 

Pola súa parte, Losada ten un horrible pesadelo en que os adxuntos e Muíños o están a operar. O que para unha persoa normal sería un mal soño, para Losada é un soño premonitorio, o que fai que a súa preocupación polo estado do seu corazón aumente. Así que acode a Xavi, o cardiólogo que sae con Muíños, quen lle di que se se coida e non fai grandes esforzos todo irá ben.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: