Pazo de Familia
Capítulo 15
09/03/2015 22:15 h
O último capítulo desta temporada acaba de desenmascarar aos Pardo Veiga, pero a maioría das cousas non son o que parece.
Emilio está por fin seguro de publicar no seu propio xornal que o seu pai é un asasino, pero para iso ten que falar antes con Leonor. Claudia, incapaz de deixar a un lado o cariño que sente polo seu avó, anuncia que se afasta definitivamente do caso.
Mentres tanto, Sara e Marisiña preparan unha festa sorpresa para Rita e Nino no día da súa voda. Mónica, que non atura máis a extorsión de Óscar, planea asasinalo.