CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 14: Perfecto

04/01/2005

Bricolaxe persoal, aprendan a prepararse a vostedes mesmos. Sebas está a probar un novo artiluxio, un detector de mentiras con Fran. Lucía e Ana discuten con Fran sobre os tests do home perfecto. Fran vai tratar de selo home perfecto para Lucía. Móstrase aos ollos de Luci coma un mozo encantador, detallista, bo con Sebas, bo estuiante rexeitando o xogo, as copas...

Por outra banda, Sebas maréase nas primeiras prácticas no quirófano e deprimido pensa en abandoar a carreira. Lucía propón a Fran facer algo para animar a Sebas.

Ana e Diego teñen problemas cun grifo e Diego, axente de seguros, decide arranxalo antes que avisar á compañía. As consecuencias non se fan esperar, agora non funciona ningún.

O plan de Fran non acaba de funcionar, mete a zoca con Lucía e precisa un plan B. Volve a selo Fran de sempre, o seu plan non funcionou polo que pensa en algo terrible para conseguir odiala: imaxínaa vestida de Führer e que o está a torturar.

 

Atopar capítulo por: