CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 14

24/04/2016 22:00 h

Ánxela Souto ten que enfrontarse a unha das situacións máis difíciles da súa vida. E é que a súa xestión á fronte do Francisco Balmis está en dúbida. A situación da xerente non pasará desapercibida para o persoal do hospital, que loitará para que Ánxela manteña o seu posto.

Mentres, na unidade de transplantes teñen que facer fronte a un novo caso: Amador, un paciente que recibiu un transplante de fígado e que sufriu un rexeitamento. Serantes e Pili terán que atopar o problema e solucionalo. 

Pero esa non é a única situación de gravidade. O pai de Reme está moi enfermo; os médicos xa perderon toda esperanza en salvalo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: