CRTVG

Buscar

Hospital Real

Capítulo 14

10/11/2015 22:00 h

Os doutores continúan coa investigación das mortes dos bebés orfos, mentres que, despois de descubrir que a súa nai está viva, Clara séntese máis doída e traizoada que nunca. A guerra con Francia faise máis intensa e os primeiros grupos revolucionarios comezan a actuar na cidade. Olalla recibe a visita inesperada de seu irmán Breixo, un encontro que non fará máis que traerlle problemas á enfermeira. 
A Irene Forner as cousas tampouco lle van moi ben. A súa bondade fará que se vexa inmersa nun grave problema para ela. A situación na que se atopará a viúva de Cienfuegos viralle ben a certos membros do Cabido. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: