CRTVG

Buscar

Pratos combinados

Capítulo 137: Nubes e claros

05/12/2001 17:00 h

 Pedro Barreiro aparece no xornal como "mellor avogado do ano", tras ser escollido polos seus veciños nunha votación popular, e decide celebralo cunha comida na Casa de Turismo Rural.
 Por outro lado, descóbrese en Miro Pereira unha estraña habilidade para prognosticar o tempo a través de molestias e síntomas que sente no seu propio corpo. Antón vai comer ao Suízo cun empresario de TV, cliente da Caixa, quen queda encantado con Miro e contrátao inmediatamente. Pereira debuta na Tv local e faise moi popular, todos están pendentes das súas prediccións ata que mete a zoca, e estraga os plans de todos prognosticando sol no día que máis vai chover do ano.

Atopar capítulo por: