Capítulo 132: A Catedral que non vemos (Especial 800 anos da Consagración)
O programa das historias anónimas achéganos hoxe unha edición especial para poñer voz á grande historia dos 800 anos que cumpre a Catedral de Santiago de Compostela, abraiando o mundo como crisol das peregrinacións e da cultura europeas. O equipo de Vivir Aquí súmase a este aniversario pero desde a perspectiva detallada de aqueles que fan posible o día a día da Catedral.
O programa amosaranos todos aqueles elementos que nunca se ven, presentándonos os homes e mulleres que fan que todo funcione arredor do recinto monumental; así falarán as monxas e os sancristáns que se ocupan da preparación da Eucaristía; coñeceremos o taller de Armando, a memoria viva da Catedral; acompañaremos aos tiraboleiros mentres preparan os rituais do botafumeiro e tamén descubriremos os segredos do museo catedralicio.
Achegándose a outras intrahistorias que agocha a Catedral, o programa especial daranos conta de curiosidades e anécdotas que manteñen vivo, día a día, o emblemático templo, como os limpadores que o deixan como os chorros do ouro e tamén pasaremos a noite co home que leva 25 anos vixiando a Catedral e dándolle corda ao seu reloxo, como se non tivesen pasado 800 anos.
