CRTVG

Buscar

Historias de Galicia

Capítulo 13: Nación de Breogán

04/11/2007 21:30 h

Esta noite o espazo que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato, Historias de Galicia, afonda e percorre a historia do poder político en Galicia desde que fora un reino ata os nosos días. Galicia foi unha unidade política independente na Idade Media; era un reino con reis propios e cun territorio que abranguía parte do que hoxe é Portugal, Castela e León e Asturias.

Afonso Raimúndez foi coroado solemnemente Rei de Galicia polo arcebispo Xelmírez en 1110 na catedral de Santiago. Tras a derrota irmandiña e o sometemento posterior da nobreza galega polos Reis Católicos, simbolizado na execución do mariscal Pardo de Cela no 1453, Galicia nunca volveu ser independente nin contou, ata 1981, con institucións propias de autogoberno.

O sistema foral creou un binomio secular de señores e labregos que lastrou o desenvolvemento de novas clases coma a burguesía. O que puideron conservar as clases populares foi o idioma. A lingua foi o elemento crucial na toma de conciencia política do país no século XIX.

Esa conciencia expresouse primeiro como provincialismo, despois como rexionalismo e finalmente, a partir de 1916, como nacionalismo. O Partido Galeguista foi o impulsor do Estatuto de 1936 que foi aprobado en referendo o 28 de xuño daquel ano.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: