CRTVG

Buscar

Viradeira

Capítulo 13

04/02/2018 22:15 h

O mesón de Carmela segue a ser o lugar de referencia para comer ben en Dorneda, pero esa fama non se reflicte na caixa rexistradora do local, porque os beneficios do negocio só chegan para facerlle fronte ás facturas. Agora que Toño é socio de Carmela, non lles quedará máis remedio que pedir axuda para poñer as contas en orde.
Os veciños de Dorneda prepáranse para o concurso anual de tortillas. Chegou o momento de sacar as viradeiras das lacenas e poñelas en acción. Pero a tensión centrarase, coma cada ano, en dúas participantes lendarias: Lucita e Charo. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: