CRTVG

Buscar

Chapa e pintura

Capítulo 12: O presentimento de que xa non estamos en Kansas

02/10/2014

O patético intento de suicido de Raúl.

Chelo trata de explicar a Noe en que consiste a teoría do "efecto bolboreta", esa que di que as consecuencias dun pequeno acto poden chegar a ser descomunais, cando e como menos esperamos. E coma se dunha ilustración da devandita teoría se tratase, o pobre Lucas, por unha serie de azares do destino, sofre unha estraña caída en plena rúa, que o obriga a coller unha baixa laboral. Si. Os strippers tamén teñen dereitos laborais.

Ante a imposibilidade de atender aos seus compromisos profesionais e a falta dun substituto que o faga, a Lucas non lle quedará máis remedio que contar coa axuda do seu pai. Pero a súa actuación será todo un fracaso e Raúl caerá na conta de algo: cos anos, perdeu parte do seu atractivo. O descolgamento de carnes. Xa se sabe.

Deprimido, decidirá poñerse en forma para recuperar o seu natural sex appeal. Pero o exercicio en mans inexpertas pode levar consigo riscos. Unha serie de circunstancias que rematan nun inusitado accidente farán que os seus amigos e familiares pensen nun intento de suicidio. Raúl, cando se decate do erro, decidirá sacar tallada ao enredo.

Mentres tanto, Serafín recibiu unha importante multa de tráfico e non se atreve a confesarllo á súa muller. Non se lle ocorrerá nada mellor que buscar a asesoría legal gratuíta de Lola. Pronto, a curiosa e secreta complicidade entre ambos os dous espertará as sospeitas de Rita que verá probas de infidelidade por todas as partes.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: