CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 113: Luces e sombras

15/04/2018 22:00 h

A desaparición de Rebeca ocupa ao cuartel de “Serramoura”. Tomás ten todos os seus efectivos destinados á investigación do caso e tras a detención de Teresa comeza o seu interrogatorio. Con todo, os sarxentos Neira e Bazán non cren que dona Teresa teña nada que ver e non tardan en elaborar unha lista de sospeitosos.
Mentres tanto, Raquel recibe un sobre dun remitente descoñecido. Ao abrilo atópase co contrato de venda do serradoiro á Wood Corp que Teresa asinara antes de descubrir o engano de Rebeca. Sen dubidalo nin un segundo, Raquel visita a Teresa nos calabozos para coñecer as consecuencias dese contrato. 
Despois de elaborar a lista de sospeitosos, Marga e Diego comezan a súa investigación. O primeiro en enfrontarse ás preguntas dos sarxentos é Hugo, que como empregado de Rebeca ocupa un lugar destacado como sospeitoso.
Pola súa parte, Santos ten que facer desaparecer as probas que tiña Rebeca da súa implicación na morte de Antía. Sen perder nin un segundo, decide entrar na casa de Evaristo e rexistrar o seu domicilio en busca da taboíña de Rebeca, pero non contaba con que a alarma estivese prendida e a Garda Civil non tardará en chegar. 
Pero non todo son problemas en “Serramoura”. Despois de pasar un tempo en Alemaña, Evaristo e Román preparan a súa volta á vila. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: