CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 110: Lazos de sangue

25/03/2018 22:00 h

Un novo día amence en “Serramoura” e nesta ocasión algo é diferente para Marga e Diego. Os dous sarxentos da Garda Civil acaban de pasar a súa primeira noite xuntos. A partir de agora, tras resolver decenas de casos xuntos e xogar a vida en cada un deles, a súa misión máis difícil podería consistir en manter a súa relación na intimidade. Tendo en conta que toda Serramoura vive pendente deles, non vai ser nada fácil.

Por sorte para eles, o traballo nunca falta no posto de mando do tenente Penedo, que non tardará en adxudicarlles un novo caso: a acusación dunha moza contra o seu pai por suposto intento de asasinato.

Mentres tanto, Rebeca López de Longoria, persoa de confianza da Wood Corp en Serramoura, segue a coaccionar os veciños para que vendan as súas terras e negocios. Canso dos seus métodos, Hugo, o avogado de Evaristo Fiúza, ideará un retorcido plan para o que precisará a axuda de Santos, un dos homes con menos escrúpulos da vila.

Tras a marcha de Gloria e a cesión dos seus montes a Raquel, esta trata de facerse co control da situación e manter a correcta actividade no serradoiro. Pero a viúva de Soutelo comeza a ter dúbidas sobre a capacidade de liderado da maior das irmás Neira. Teresa ofreceralle a Raquel unha clase maxistral sobre métodos pouco éticos para triunfar nos negocios. Seguirá os seus consellos?

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: