CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 11

03/04/2016 22:00 h

Un paciente cun problema hepático chega en estrañas circunstancias ao Francisco Balmis. Muíños e Laura serán as doutoras encargadas de tratar o enfermo. Ata aquí todo normal, pero as cousas complícanse cando un policía de incógnito lles pide que esperten o paciente para interrogalo. A doutora Muíños oporase desde o primeiro momento.

Pola súa parte, o doutor Losada está afeito a tratar toda clase de enfermidades, pero nesta ocasión terá que enfrontarse á perda da fe relixiosa dun dos seus pacientes. A culpa teraa unha parada cardíaca no medio dunha operación. Tras estar clinicamente morto, o paciente espertará sen ver a luz que esperaba. Só haberá unha maneira de que acepte operarse outra vez para seguir vivindo: devolverlle a súa fe.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: