CRTVG

Buscar

Hospital Real

Capítulo 11

20/10/2015 22:15 h

A marcha de Rebeca co seu home leva ó capitán Ulloa a tomar a decisión de botar, dunha vez por todas, a dona Elvira da súa casa se non paga a débeda en 24 horas. Un feito que provoca que Daniel se enfronte ao militar e tamén que Elvira se vexa na obriga de conseguir cartos como sexa e unirse por interese a quen sexa con tal de salvar a reputación da súa familia. 

A irmá Úrsula que parecía que ata o momento tiña todo e a todos controlados, tamén ten que facer novas alianzas. Nesta ocasión, o fiscal inquisidor ten contra as cordas á monxa e non dubida en utilizala no seu favor con tal de desfacerse do padre Bernardo. Gaspar xa está farto da desobediencia e dos desplantes do cura ante os demais membros do cabido.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: