CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 11

09/02/2015 22:15 h

César recrimínalle a Emilio o suicidio do comisario e fará todo o posible para pechar O Universal ante a desobediencia do seu fillo. Con Claudia terriblemente afectada porque o seu traballo causara unha morte, serán Daniel e o propio Emilio os que tiren do fío na investigación xornalística ata dar co xefe da trama dos medicamentos adulterados.

Mentres tanto, Leonor encárgalle ao padre Dimas que pida a México o certificado de bautismo de Sofía Salgado, necesario para a celebración da voda con Emilio. Non imaxina que esa simple procura a levará a saber algo máis sobre quen é en realidade a súa futura nora.

Sara precisa cartos para investir no seu puxante negocio de catering. Para Cosme a solución é clara: xa que a casa familiar de Santalla forma parte do seu pasado, deben vendela para seguir adiante. Pero coñecer ese pasado é precisamente o que busca Lolo, triste por non conseguir lembrar o seu pai. A Nino, en cambio, xa non lle interesa saber quen é o seu. Pero isto cambia cando o padre Dimas localiza unha curmá da súa nai e o anima a escribirlle unha carta para coñecer a verdade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: