CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 107

05/03/2018 22:00 h

Saen á luz moitas verdades que os protagonistas querían agochar. Para Mónica non é un segredo que Carlos e súa nai están envoltos nunha grande operación de narcotráfico. Que fará Emilio cando el o saiba?

Isto non é o único que descobre o Pardo Veiga. Unha conversa de Moncho propicia que volva investigar a quen di ser marido de Sara e a ela non lle queda máis remedio que contarlle a verdade sobre o seu misterioso casamento. Ademais, o atropelo de Eva tráelle consecuencias en forma de chantaxe. 

Claudia, que empeza un curso para formarse como empresaria, coñece un peculiar compañeiro de aula. Mentres, o coitado de Tomaso está convencido de que Marisiña lle pon os cornos con don Carlos e non dubida en facer valer o seu honor de marido. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: