CRTVG

Buscar

Criaturas

Cap. 105: Un día no hipódromo

20/03/2011 22:04 h

O equipo do programa que recolle as historias máis tenras entre as persoas e o mundo animal, alíase hoxe coa lúa para asistir a un parto, pois son varias as cabras que están a punto de parir, no concello de Castroverde, unha oportunidade para que o presentador do espazo, Juan Fuentes, poida amosarnos como se defende nesta faceta de parteiro.

Noutros escenarios acontece outro tipo de vivencias, como no hipódromo de Antela, en Sandiás (Ourense), onde o programa fará as veces de animador de dous competidores nunha carreira de velocidade, D"Artaghan e José Antonio. Namentres, lonxe de aquí, o cadeliño Turco deberá enfrontarse ao quirófano, para intentar corrixir un defecto xenético que espera poder superar sen riscos.

Á ventá, onde os famosos comparten co público a súa historia cos animais, asómase hoxe o actor Manuel Manquiña para presentarnos o seu can Beagle.

Atopar capítulo por: